Skip to content Skip to footer

Martech Tecnoloxía aplicada ao marketing.

Obradoiro martech – cluster ecommerce galego - 2026

Martech
Tecnoloxía aplicada
ao marketing.

Un obradoiro do Clúster do Ecommerce Galego para transformar retos en oportunidades: actualización en Martech, traballo en rede e ideación de proxectos colaborativos con potencial de financiamento. Onde nace o proxecto que pode marcar o teu 2026.

Sobre o obradoiro

O Clúster do Ecommerce Galego impulsa un espazo de acompañamento e exploración para identificar retos, activar capacidades e convertelos en proxectos Martech con futuro, da man de axentes tecnolóxicos e entidades colaboradoras do ecosistema galego.

Actualízate

Explorarás as últimas tendencias en Martech: IA aplicada ao marketing, SEO cookieless, automatización e optimización da experiencia dixital.

Conecta

Crearás alianzas con outras empresas do ecosistema ecommerce para identificar retos comúns e oportunidades reais de colaboración.

Define

Traballaremos en metodoloxía práctica para transformar necesidades detectadas en proxectos colaborativos estruturados.

Activa

Definiremos un roadmap claro e unha proposta de proxecto lista para evolucionar cara a unha convocatoria de financiamento.

Programa

A estrutura do obradoiro divídese en catro sesións presenciais orientadas á participación activa (incluíndo un DEMO DAY final), complementadas con titorías virtuais de apoio ao longo de todo o proceso.

27 abril. De 10 a 11.30h
Taller 0 · Presentación e diagnóstico inicial

Presentación do obradoiro, obxectivos e metodoloxía de traballo. Realizarase un diagnóstico do nivel de madurez dixital das empresas participantes e identificaránse retos comúns no ámbito do Martech e da dixitalización.

8 maio. De 10 a 14h
Taller 1 ·IA aplicada ao marketing

Sesión práctica para identificar aplicacións reais nas empresas participantes.

Identificación de necesidades sectoriais e traballo en dinámicas de co-creación para estruturar proxectos colaborativos viables. Priorización de iniciativas e definición de recursos necesarios.

12 maio. De 10 a 14h
Taller 2 · Automatizacións e Analítica avanzada

Workshop práctico para identificar oportunidades reais nas empresas, activar ideas colaborativas e transformalas en proxectos viables, priorizados e con foco en impacto.

29 maio. De 10 a 14h
Taller 3 · DEMO DAY

Presentación das propostas desenvolvidas, sesións tipo elevator pitch e espazo de networking. Revisión de oportunidades de financiamento e próximos pasos para a evolución dos proxectos.

Inscríbete

Organiza
Cluster-ecommerce-galego-Logo-web-1
Financia
IGAPE
Colabora
ingenyus*-logotipo

Que atoparás no obradoiro de Cluster do e-commerce?

Dinámicas participativas de xeración de ideas para proxectos Martech con potencial de financiamento.
Casos de éxito e aprendizaxe cruzada no ecosistema do ecommerce galego.
Realizaremos dinámicas presenciais e colaborativas para definir proxectos con impacto real.
Pecharase cunha fase de síntese e acompañamento: priorización de ideas, definición de próximos pasos e orientación para evolucionar as propostas cara a proxectos viables.